A música pon fin ao 'Ben veñas, Maio'

Pontevedra
07 de maio 2016

No certame musical participaron sete grupos compostos por alumnos de institutos pontevedreses, resultando gañador Stock, do IES Luís Seonae

Concurso musical do Ben veñas Maio 2016 Diego Torrado

O Pazo da Cultura foi escenario este sábado do concurso musical e a entrega de premios do certame 'Ben veñas, Maio', que organiza anualmente a Coordinadora de Equipos de Normalización da Lingua Galega dos IES e CIFP públicos de Pontevedra, coa colaboración da Concellaría de Normalización Lingüística.

Sete grupos compostos por alumnos dos institutos pontevedreses participaron no concurso, no que interpretaron dúas pezas, unha delas musicando un poema dun autor da literatura galega,

Resultou gañador Stock, do IES Luís Seoane. Segundo foi Faísca (A Xunqueira II) e terceira Sofía Cortés (IES Sánchez Cantón).

Tamén participaron Os Canis da Patagonia (IES Vale Inclán), Pan Mollado (IES Vale Inclán), Trío sen nome (IES Vale Inclán) e The Nowhermans (IES Sánchez Cantón).

Os premiados no resto de categorías foron:

  • ​​Fotografía:
    • Primero: Brais González Abal (IES A Xunqueira I).
    • Segundo: David Nogueira Monte (IES A Xunqueira)
  • Poesía hasta 14 años:
    • ​Primero: Silvia Martín Blanco (IES Valle Inclán).
    • Segundo: Claudia Atrio González (IES Valle Inclán).
  • Poesía +14 años:
    • ​Primero: Fabio Rivas Pardo (IES Xunqueira II).
    • Segundo: Celia Rodríguez Villaverde (IES Valle Inclán).
  • Narrativa hasta 14 años: 
    • ​Primero: Mario Elías Blanco Boullosa.
    • Segundo: Claudia Atrio González (IES Valle Inclán).
  • Narrativa + 14 años:
    • ​Primero: Helena Gómez Villanueva (IES Sánchez Cantón).
    • Segundo: Paula Rodríguez Raposo e Lorena Durán Baeza
      (IES Sánchez Cantón).
  • Banda deseñada hasta 14 años:
    • ​Primero: Antón Castro Pagolo (IES A Xunqueira II).
  • Banda deseñada + 14 años:
    • ​Primero: Miryam Boullosa Magariños (IES Frei Martín Sarmiento).
    • Segundo: Sarahi Sieiro Omil e Carolina Sampedro Gesteira (IES A Xunqueira I).