A intensidade de García Lorca chega a Pontevedra

Pontevedra
17 de novembro 2012

Yerma de García Lorca, interpretada por Silvia Marsó, poderá verse este sábado 17 a partir das 20:30 horas no Auditorio de Novacaixa Galicia

Miguel Narros, un dos máis importantes dramaturgos da escena española, é o encargado de dirixir a montaxe de Yermaque este sábado 17 pode verse no auditorio de Novacaixa Galicia situado na praza de San Xosé. Trátase dunha das obras fundamentais de Federico García Lorca e esta posta en escena conta coa música de Enrique Morente e coa actriz Silvia Marsó como protagonista xunto a Marcial Álvarez.

Yerma conta a historia dunha moza casada que vive na Andalucia dos anos 30. O seu único desexo é ter fillos, pero o seu marido, un campesiño andaluz, nin pode nin quere darllos.

A violencia e a crueldade dun ambiente escuro, asfixiante, retrátase á perfección nesta intensa traxedia representada por Producciones Faraute, que completa unha das triloxías de teatro máis importantes da literatura en castelán xunto ás tamén lorquianas Bodas de sangre e La casa de Bernarda Alba.

A función comeza ás 8:30 da tarde con prezos que oscilan entre os 21 e os 30 euros.

 

Vídeo promocional do espectáculo de Producciones Faraute en Youtube: