A Ferrería rende tributo á música de Joaquín Sabina

Pontevedra
20 de agosto 2022

A praza da Ferraría serviu de marco incomparable para Conductores Suicidas, unha banda tributo a Joaquín Sabina formada en Pontevedra que toma o nome do tema incluído no disco de 1992 do cantautor, Física y Química

Concerto de Conductores Suicidas na Ferrería Cristina Saiz

A praza da Ferraría serviu de marco incomparable para Conductores Suicidas, unha banda tributo a Joaquín Sabina formada en Pontevedra que toma o nome do tema incluído no disco de 1992 do cantautor, Física y Química. 

Un a un, foron repasando os éxitos máis coñecidos do de Úbeda cunhas interpretacións fieis e sobresalientes das cancións orixinais.

A banda está formada por Roberto Ramos (voz principal e guitarra), Marcos Pérez “Quiño” (guitarras e coros), Nando Fontán (teclados e coros), Ramiro Félix (batería), Arantxa Zataraín (coros), Miguel Ponce (saxofón), Alberto Martínez (guitarras) e a colaboración do guitarra Lino G. Carballa.

No concerto da Ferrería percorreron todas as etapas da carreira de Joaquín Sabina desde a época de Viceversa.

O asombroso parecido da voz e a coidada interpretación instrumental trasladaron ao público da Boa Vila ao mundo das cancións de Sabina.

Cancións como Princesa, Por el boulevard de los sueños rotos, 19 días y 500 noches, Pacto entre caballeros, Y nos dieron las diez, foron coreadas con estusiasmo polo numeroso público que encheu a praza e as súas inmediacións.