A Feira do Libro acolle a estrea de 'O bigote de Mimí'

Pontevedra
06 de abril 2016

'O bigote de Mimí' é unha peza teatral musicada baseada no conto homónimo de Manuel María e composta por Luis Vallecillo.  A cita terá lugar o sábado 9 de abril ás 18.30 horas na Feira do Libro, na praza da Ferrería

O bigote de Mimí
O bigote de Mimí / Luis Villacillo

'O bigote de Mimí' estrease este sábado 9 de abril na Feira do Libro. A cita será as 18.30 horas na praza da Ferrería. Alí, os máis pequenos da casa poderán gozar desta peza teatral musicada, baseada no conto homónimo de Manuel María

Unha proposta escénica na que músicos, e un titiriteiro se unen para amosarnos a historia do gato Mimí, quen padecio as consecuencias dunha pésima decisión. Dende a perspectiva do gato cando xa é vello as cousas vense diferentes e involucrará a todo un grupo de música para que lle axude a contar polo mundo adiante as súas peripecias. Un guitarrista que agocha un segredo, un baixista tremendo, uns ratos sobrados de ritmo e moitas máis sorpresas nunha obra sen dúbida asombrosa na que a diversión está asegurada.

A Mimí acompañarano músicos, actores e titiriteiros, baixo a dirección de Jorge Rey. A peza está composta por Luis Vallecillo, quen tamén pon voz e guitarra na obra, xunto cos músicos e intérpretes: Torroncho, baixo e "Paderna" o barbeiro; Luis Iglesias, guitarra eléctrica e "Fiz"; e Aitor García, batería. O equipo cérrase con Fernándo Martínez de Vega na iluminación, Alicia Juárez encargada da cosntrucción de Mimí, e Carmen Domech, como escenógrafa e atrezzo. 

Durante estes días e ata o domingo 10, os pontevedreses poderán gozar de diversas actividades para todos os públicos, dende presentacións e firmas de libros ata obradoiros e contacontos.