A emigración vista polo "poeta do pobo" abre o ciclo Teatro de Barrio

Pontevedra
14 de setembro 2023

O Teatro Principal estreou este mércores un novo ciclo cultural. Tratouse de Teatro de Barrio, unha iniciativa impulsada pola Asociación Os Carballiños. Composta por cinco espectáculos, busca achegar ao público o traballo artístico das compañías de teatro afeccionado

Espectáculo "Hoxe como noutrora" de Salcedo Norte no ciclo Teatro de Barrio Mónica Patxot

O Teatro Principal estreou este mércores un novo ciclo cultural. Tratouse de Teatro de Barrio, unha iniciativa impulsada pola Asociación Os Carballiños. Composta por cinco espectáculos, busca achegar ao público o traballo artístico das compañías de teatro afeccionado.

Os primeiros en subir ás táboas foron os compoñentes do grupo de teatro Salcedo Norte, que representaron con gran éxito o espectáculo Hoxe como noutrora.

Partindo da adaptación de catro fragmentos da obra de Varela Buxán, o autor galego chamado "o poeta do pobo", a compañía abordou temas relacionados coa emigración.

Outros aspectos da problemática social da Galicia da época que seguen vixentes na actualidade, como a soidade, a precariedade, o despoboamento rural ou o rexeitamento do propio, tamén estiveron presentes na estrea deste ciclo teatral.

Para este xoves a cita será coa Aula de Expresión, que representará a obra Licor de ameixa, a historia dunha familia contada a través de catro xeracións de mulleres.

Pon fin sós de Lúa chea (venres 15), Ladrón de corazóns do Grupo Xenio (sábado 16) e Non queremos perdices de Ilusionistas (domingo 17) son as montaxes que completan a programación da primera edición de Teatro de Barrio.