A diversidade sexual e de xénero na literatura ten xa convocatoria aberta nunha nova edición do Premio Pinto e Maragota

Pontevedra
01 de agosto 2024

Os textos concursantes poden ser de narrativa, poesía ou teatro e igualmente dirixidos a un público de todas as idades. Establécese un único premio de tres mil euros

Anabel Gulías na presentación do concurso literario de Pinto e Maragota Concello de Pontevedra

"A literatura escrita, a arte de escribir, é un proceso fundamental para visibilizar a realidade", explicou a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías.

Con esta premisa o Concello de Pontevedra convoca na súa cuarta edición o Premio Literario Pinto e Maragota "para achegarse á diversidade sexual e de xénero de forma pausada". 

Así, poderán presentarse, ata o 28 de setembro, textos con esta temática, de narrativa, teatro ou poesía. Nos dous primeiros casos e se están dirixidos a público adulto, terán un mínimo de 90.000 caracteres e en poesía 500 versos; se están dirixidos a público infantil non se limita extensión.

O concurso está dotado cun único premio de 3.000 euros. Os traballos, en formato PDF, remitiranse ao mail igualdade@pontevedra.eu co asunto 'IV Premio Literario Pinto e Maragota'. As persoas interesadas en participar poden consultar os detalles nesta ligazón.

Gulías tamén fixo un agradecemento público á editorial Xerais por "ser a única que apostou por este concurso e que fixo que fósemos en Galicia os primeiros en lanzar este tipo de convocatoria"; engadindo que "estamos orgullosos de ser un concello orgulloso e diverso, sacando iniciativas pioneiras en diversidade de xénero".

Nas tres ocasiones anteriores, as autoras gañadoras foron María Reimóndez con 'Cobiza' Carmen Granxeiro con 'Estranxeiras' e a máis recente Carmen Caramés con 'Todo ou que doe'.