A directora e guionista María Pérez Sanz exporá os seus métodos de traballo este sábado en Novos Cinemas

Pontevedra
17 de decembro 2021

O festival exhibirá este sábado 18, nunha sesión que comezará ás 21:00 horas no Teatro Principal, as súas obras Ejercicio 2 (2015), Ejercicio 3 (2013) e Karen (2020), onde recrea algunhas escenas da vida da escritora Isak Dinesen, interpretada pola cantante Christina Rosenvinge.spanhelvetica>spanhelvetica>

A directora e guionista María Pérez Sanz

Novos Cinemasofrecerá este sábado 18 a sesión inicial do primeiro foco que se realiza en España centrado na directora e guionista María Pérez Sanz (Cáceres, 1984). Durante esta xornada, a partir das 21.00 horas, proxectaranse no Teatro Principal as súas películas Ejercicio 2 (2015), Ejercicio 3 (2013) e Karen (2020), unha película na que recrea algúns momentos da vida da escritora Isak Dinesen, que é interpretada pola cantante Christina Rosenvinge.

A directora estará presente no Festival e manterá un coloquio co público. Xa o domingo, a partir das 17.00 horas proxectaranse os videoclips Yo no nací así e Autorretrato, ademais da súa primeira longametraxe Malpartida Fluxus Village, un traballo que obtivo galardóns como o Premio do Público ao Mellor Documental en Alcances 2015; o Premio do Xurado á Mellor Película no FILAF 2016; e o Avuelapluma Film Award 2016.

Non serán as únicas citas importantes durante esta fin de semana no Festival de Cinema que se celebra en Pontevedra. Este sábado, ás 12.00 horas, na Casa das Campás, o cineasta Álvaro Gago e a directora de fotografía Lucía C. Pan mostrarán en primicia as primeiras imaxes da longametraxeMatria.

De 11.00 a 12.30 horas desenvolverase o obradoiro Arquitectura de historias: ou  espazo non cinema no Museo de Pontevedra, para escolares de 8 a 12 anos. 

Tamén se estreará 918 Gau en Galicia, ás 12.00 horas do sábado no Teatro Principal. Trátase da primeira longametraxe da directora e investigadora Arantza  Santesteban, que analizará o traballo despois da proxección co público. Pola tarde, a partir das 17.00 horas, tamén no Teatro Principal, terá lugar unha sesión de Por primeira ou última vez, na que o crítico e programador coruñés Jaime Pena Pérez propón a revisión deContactos(1970), primeira película do cineasta Paulino Viota.

A venda anticipada de entradas individuais, a un prezo de 3 euros, e os abonos (18 euros) atópase aberta en Ataquilla. Tamén se poden adquirir no despacho de billetes do Teatro Principal unha hora antes do inicio das sesións.