Nova entrega do autor coruñés José Malvárez Carleos. Nesta ocasión volve recuperar ao personaxe de Narrador baixo o título de 'A derradeira viaxe'. Nesta nova trama, este protagonista emprende un novo periplo polo mundo das historias sen decatarse mentres realiza o percorrido que esta travesía será a derradeira que faga.
Aproveitando a publicación desta nova historia gráfica, PontevedraViva lembra a necesidade de apostar polos creadores galegos, que están a sufrir nas súas propias carnes as dificultades causadas pola crise sanitaria e aposta por difundir propostas elaboradas en Galicia cunha calidade gráfica indiscutible.
JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS
O ilustrador coruñés formouse na cidade de Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.
Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través desta ligazón.
Ademais, en novembro de 2019 José Malvárez publicaba en papel o segundo número de Biblioteca Piuley, 'Soñadores', a historia da artista que se pode adquirir nesta ligazón: https://www.amazon.es/
En PontevedraViva podes ler moitos dos seus traballos gráficos como, entre outros, Ela e máis el', 'Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias'; 'Narrador'; 'Pura ficción'; 'Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo', 'Viaxes entre viñetas', 'Escuridade', '100 Historias' ou '§'