A 'Danza de Espadas' de Carlos Núñez, en primicia en Marín

Marín
20 de decembro 2022

O videoclip do novo single do gaiteiro Carlos Núñez, 'Danza de espadas', poderá verse a partir da noite deste martes en todas as plataformas, pero horas, antes, como primicia, xa puido gozarse en Marín. A peza gravouna de forma íntegra en Marín a empresa local Trece Amarillo e está patrocinada polo Concello

Presentación do videoclip do novo single de Carlos Núñez, 'Danza de espadas' Concello de Marín

O videoclip do novo single do gaiteiro Carlos Núñez, 'Danza de espadas', poderá verse a partir da noite deste martes en todas as plataformas, pero horas, antes, como primicia, xa puido gozarse en Marín. 

A peza gravouna de forma íntegra en Marín a empresa local Trece Amarillo e está patrocinada polo Concello. 

No videoclip participan máis de medio centenar de danzantes da Agrupación Meigas e Trasgos e do Grupo Santa Cecilia.

 

Desde o Concello destacan que este videoclip de Carlos Núñez e Trece Amarillo "vai converter Marín nunha verdadeira capital das danzas de espadas", un fenómeno enraizado en Galicia, pero que é universal.

O vídeo mostra o labirinto de Mogor, que moitos especialistas relacionan con danzas na prehistoria, e tamén a gaita de Mogor, que durante moitas xeracións acompañou á danza.

As danzas de espadas forman parte das chamadas Danzas brancas, pola cor da roupa dos danzantes. Aínda que os primeiros datos aparecen na Idade Media, arqueólogos ou antropólogos coinciden en que conteñen elementos prehistóricos que sobreviviron ata hoxe. Tamén na música aparecen características moi arcaicas - como a harmonía modal de "double tonic" ou o ritmo "Scotch snap" - , típicos da música celta, que pasaron ao pop-rock ou ás músicas urbanas, como mostra o vídeo.