A batería de Naíma Acuña dá paso á Pontejazz Big Band na Ferrería

Pontevedra
15 de xullo 2016

Naíma Acuña ofreceu o seu concerto na Praza do Teucro con notable presenza de público. Este venres, as actuacións trasládanse á Ferrería coa orquestra nacida no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra

Concerto de Naíma Acuña no Festival Internacional de Jazz 2016 Diego Torrado

O espectacular ritmo da batería de Naíma Acuña no concerto ofrecido durante a noite deste xoves na Praza do Teucro onde se volveu a congregar numeroso público fiel á cita co Festival Internacional de Jazzdeixa esta noite paso a outro dos espectáculos sonoros máis rechamantes desta importante cita musical, a actuación de Pontejazz Big Band. Será este venres a partir das 22.30 horas na Praza da Ferrería, escenario onde se desenvolverán os concertos principais do Festival a partir deste venres.

No concerto deste venres, Jesús Santandreu dirixirá a unha selección de músicos formados no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra que se subirán ao escenario acompañados de artistas internacionais da talla de Philip Dizack, Kyle Poole ou Dayna Stephens.

Cunha base rítmica, cinco saxofones, catro trombóns, catro trompetas, piano, batería, baixo e guitarra, a formación musical da Pontejazz Big Band ofrecerá temas cun corte moi actual e dinámico nun dos concertos máis esperados polos afeccionados ao jazz dentro do potente cartel desta edición.

AmpArticleViewer.default.tags