Esta fin de semana a Banda Artística de Arcade, de 156 anos de historia, celebraba un concerto especial na Alameda de Talo Río, no Concello de Soutomaior.
O recital, titulado 'Unha noite de zarzuela', contou coa presentación de Cris Collazo, da Cova das Letras, e as destacadas actuacións da soprano Anna Melikhova e do tenor Enrique Martínez.
O público gozou de pezas emblemáticas como "La verbena de la paloma" e "Las hijas del Zebedeo", que encheron a noite de emocións e aplausos.
O concerto serviu para poñer en valor a longa traxectoria da Banda Artística de Arcade, un símbolo fundamental para entender a historia e a cultura de Soutomaior.
Este evento tamén serviu como promoción da próxima participación da Banda Artística de Arcade no XVII Certame Galego de Bandas de Música Populares.
O evento terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra o sábado 19 e o domingo 20 de outubro.