A ameaza de choiva desloce os concertos das festas

Pontevedra
13 de agosto 2020

A programación para este mércores incluía tres concertos, ' nte e Hoxe' na praza de Ferrería, 'As Cantigas de Elena' con Pepe Vaamonde e Xisco Feijóo nas praza de España e os Black Stones nas pistas de Campolongo e tan só esta última proposta tivo tanto tirón como para poder coas temperaturas pouco agradables e o temor á choiva

Concerto dos Black Stones nas pistas de Campolongo Cristina Saiz

A choiva que caeu intensamente durante a mañá deste mércores e a ameaza de que puidese repetirse durante a noite desluciu a xornada musical das festas da Peregrina. A organización mantivo os actos, e finalmente non caeu nin unha pinga, pero ese temor a que o mal tempo fixera actou de presenza  desmobilizou os pontevedreses.

A programación para este mércores incluía tres concertos, ' nte e Hoxe' na praza de Ferrería, 'As Cantigas de Elena' con Pepe Vaamonde e Xisco Feijóo nas praza de España e os Black Stones nas pistas de Campolongo e tan só esta última proposta tivo tanto tirón como para poder coas temperaturas pouco agradables e o temor á choiva. 

Así, na praza da Ferrería a actuación de 'Onte e Hoxe' non encheu as cadeiras instaladas pola organización para que os espectadores puidesen gozar da actuación cumprindo as recomendacións sanitarias para evitar a expansión  dle coronavirus. Na praza de España 'As Cantigas de Elena' con Pepe Vaamonde e Xisco Feijóo si encheron as cadeiras dispoñibles, pero lonxe do tirón que tiveron as citas musicais das noites previas nas que reinaba o bo tempo. 

A imaxe foi ben diferente nas pistas de Campolongo. O repertorio de versións dos pontevedreses Black Stones si desbordou as previsións e obrigaron ao Concello a aumentar as cadeiras instaladas para garantir que o público puidese estar sentado e con máscara para cumprir coas indicacións de distancia de seguridade. Entre os asistentes, pontevedreses e visitantes de todas as idades que non podían evitar bailar desde a propia cadeira

A programación musical das festas da Peregrina continúa este xoves ás 22.00 horas na praza da Ferrería con 'Sumrrá'  e ás 22.30 horas chegarán á praza de España 'Baiuca' e ás pistas de Campolongo 'La habitación Vudú'.

Arquivado en