"3, 2, 1..." de Teatro Ghazafelhos emociona aos espectadores de Domingos do Principal

Pontevedra
09 de febreiro 2015

A compañía galega Teatro Ghazafelhos representou sobre o escenario pontevedrés o espectáculo 3, 2, 1..., unha obra de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de monicreques e obxectos e moita música

Representación de "3, 2, 1..." de Teatro Ghazafelhos no ciclo Domingos do Principal Diego Torrado

Unha curiosa aterraxe produciuse este domingo no Teatro Principal. Unha nave espacial, na que viaxaba un valente astronauta, chegou a un planeta descoñecido. Alí encontrouse cunha extraterrestre que, ao igual que el tamén estaba de exploración. E as testemuñas deste encontro, os nenos que encheron o patio de butacas do recinto para gozar desta nova entrega do ciclo Domingos do Principal.

A compañía galega Teatro Ghazafelhos representou sobre o escenario pontevedrés o espectáculo 3, 2, 1..., unha obra de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de monicreques e obxectos e moita música.

Foi un espectáculo repleto de humor e tenrura que chegou ao corazón dos espectadores pontevedreses, especialmente dos máis novos.

Con esta obra, Domingos dos Principal tómase un merecido, aínda que breve, descanso. Deixa paso ao Entroido e regresará o domingo 22 de febreiro coa representación de As fabas máxicas, obra de Caramuxo Teatro.

Arquivado en