Unha mostra artística e solidaria iniciada a mediados de decembro polo Ateneo de Pontevedra está a chegar ao seu fin e a asociación indica que se lograron 3.500 euros coa venda de 29 obras de pequeno formato cedidas por artistas co obxectivo de recaduar fondos para achegar auga e comida á poboación infantil de Palestina.
Un centenar de artistas tanto galegos como de ámbito internacional doaron estas obras que están á venda en liña.
O diñeiro recadado destinarase á ONG Save the Children.
A mostra virtual finaliza o luns 15 de xaneiro.
Durante estas festas algunhas das pezas doadas figuraban en fotocopias en árbores do Nadal situadas na contorna do edificio Castelao do Museo de Pontevedra e do Arquivo Provincial coa colaboración de Libraría Paz.
Elaboráronse dous catálogos para a compra das obras: