24.069 persoas pasaron polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que, despois de 17 intensos días, este domingo pechou as súas portas no Pazo da Cultura e no Recinto Feiral.
O XXV aniversario do Salón do Libro foi moi especial, sobre todo porque homenaxeou as escolas que tantos anos levan achegando os seus traballos, con esforzo e ilusión da cativada e o profesorado. Foron 30 os centros escolares implicados, un total de 4.343 alumnos que durante este curso traballaron o tema proposto polo Salón: a "maxia". Pero ademáis outros 17 colexios achegáronse para desfrutar deste importante evento cultural.
Este ano tamén participaron as facultades de Ciencias da Educación de Pontevedra, Ourense e Santiago.
Tamén foi una edición singular porque este ano caía moi cedo e iso implicaba dificultades na contratación e ademáis porque houbo moitísimos colaboradores, ata 350 personas estiveron implicadas no desenvolvemento do Salón.
O día que máis xente acudiu foi o domingo 10, nunha xornada na que contabilizáronse 2.473 persoas. A organización tamén destaca que colgou o cartel de "completo" nos concertos de Uxía Lambona e o do Rock Lab.
Polas contas que fixeron os organizadores, este ano aumentaron nuns 3.000 asistentes nas sesións de tarde, o que supón un 21% de suba, e incrementouse en 2.500 persoas os asistentes a espectáculos, que sería un 63% de suba.
Segundo resumiu o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, nesta edición do Salón do Libro "acadamos unha participación récord, unha participación elevadísima. Polo tanto, a valoración con estes datos enriba da mesa ten que ser positiva".
Pero esa é a valoración do concelleiro, nos vindeiros días os centros educativos recibirán unha enquisa para que sexa o alumnado o que diga que lle pareceu todo, esa si que é a valoración importante.