As Conversas na Ferrería volven ter un carácter europeo grazas aos invitados e a iniciativa que están a desenvolver alumnos e profesores do IES Xunqueira I desta capital e o Liceo Clásico Giácomo Leopardi de Recanatti, Italia. O intercambio baséase nun proxecto lingüístico e cultural novo denominado " Xunco- Leopardi". Trátase de escenificar unha adaptación de " Frankestein" de Mary Shelley con motivo do segundo centenario da publicación.