Juan Picos é director da Escola de Inxeniería Forestal de Pontevedra, doutor en Inxeniería de Montes e autor de varios libros sobre xestión ambiental. Juan Carlos Barragán é inxeniero superior de Montes, diplomado en Medio Ambiente, Máster en Gestión Medioambiental e técnico superior en Prevención de Risgos Laborais; no exercicio da súa profesión foi adxunto á dirección do Parque Nacional de Doñana, xefe provincial de extinción de incendios da Xunta, profesor na Escola de Capataces de Lourizán e a Escola Politécnica de Lugo e actualmente é director de Green Enviroment.
Alejandro Oliveros, é director de Ordenación Forestal de Ence. María José Fuentes, pertence á Autonómica de Comisiones Obreras e ao comité de empresa do Servicio de Brigadas Forestais de Galicia. Claudio Quintillán é secretario de comunicación social da Organización Galega de Comunidades de Montes.
Con estes cinco convidados dedicamos as Conversas na Ferrería aos incendios forestais. Formación e experiencia en todos eles que levan a unhas conclusións de consideración.