Xa van seis anos e o sábado 30 de abril sae a Pontevedradada, unha marcha solidaria para concienciar sobre a doazón de sangue, de órganos e tecidos. Desta decisión que salva vidas falamos nestas Conversas na Ferrería; con Ángeles Pazos, responsable de prensa da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos; e con Celso García, presidente de Asociación de Doantes e Receptores na provincia.