Os expertos advirten sobre o fenómeno da hiperpaternidade. Son pais que optan por sobreprotexer os nenos, unha conduta que lles impide ser autonómos e fai que sexan máis fráxiles, xerando a longo prazo adolescentes e adultos con máis medos e inseguridades. Protexemos en exceso aos nosos fillos? Onde está o límite? Estamos a frear o seu desenvolvemento ou isto non é máis que unha preocupación lexítima polo seu benestar? Falamos sobre estas cuestións coa pedagoga Ana Couto, a profesora Silvia Puga, a psicóloga Jone Ojeda e Alba González, representante de Fanpa Pontevedra.