O próximo 26 xuño unha delegación de alumnos e profesores do Instituto Sánchez Cantón viaxan a Reino Unido para participar na final dos Premios TeenTech. Por primeira vez na historia destes galardóns están presentes uns estudantes non británicos. O seu talento viaxa ao estranxeiro e xa conseguiron o financiamento necesario para ese periplo como contan nas Conversas na Ferrería. Benito Búa e Lourdes García, profesores que tutelan estes proxectos; e Carlos Argibay e Nuria Sueiro, dous dos talentos de 1º de Bacharelato e 3º de ESO do Sánchez Cantón.