Marta Samartín, Manolo Torres e Quique Pérez; tesoureira, presidente e secretario de Pedaladas acompáñannos nestas Conversas na Ferrería para charlar de convivencia, educación e normativa viaria; de solicitudes, carencias e propostas para peóns, ciclistas e condutores. Todos estamos implicados e tamén as administracións, e das catro partes debatemos.