Bombardéannos coa mensaxe de que o "peto" das pensións esgótase, e a moi curto prazo; pero, son válidos os argumentos de que o aumento da esperanza de vida, o investimento da pirámide poboacional, ou que hai poucos cotizantes, son os responsables dese futuro pesimista?. As conclusións neste Conversas na Ferrería non chegan ao mesmo termo. Acompáñannos Vitoria Portas, diplomada en Relacións Laborais e especialista en temas de Seguridade Social; Víctor Sariego, xornalista especializado en temas de xeriatría e xerontoloxía; e Manuel Alfonsín, portavoz de MODEPEN, o Movemento Galego Pola Defensa das Pensións Públicas.