As estatísticas sinalan que na última década está a rexistrarse un progresivo aumento de mulleres que son nais despois dos 40 anos. Na UE, italianas e españolas son as mamás primerizas de maior idade; cunha media de máis de 35 anos e aumentando o número que pasa os 40. Abrimos o debate sobre maternidade e paternidade pasada esa idade. Acompáñannos nestas Conversas na Ferrería Olga Fontán, María González e Francesco Iannelli.