En 2017 a Escola de Enxeñaría Forestal do Campus de Pontevedra embarcábase nun proxecto pioneiro de ámbito provincial: un estudo integral de prevención de incendios promovido pola Deputación. Seis anos despois daquel punto de partida, o centro pontevedrés participa en iniciativas de ámbito autonómico, nacional e internacional con ese nexo: prevención de incendios forestais. Volvemos convidar a Juan Picos, director en funcións da Escola de Enxeñaría Forestal do Campus de Pontevedra; Laura Alonso, doutora en Enxeñaría Forestal e Julia Armesto, profesora da EIF.