A Asociación de Canteiros de Poio fai unha chamada de atención ás administracións competentes sobre a xestión e futuro da Escola de Canteiros. O pasado xullo Xunta e Deputación rubricaron o protocolo para traspasar a titularidade da Escola á administración autonómica. Consideran que esta Asociación sería un interlocutor axeitado para canalizar a planificación formativa. Falamos con Manuel Sestelo e Javier Diéguez, presidente e vicepresidente da Asociación.