Conversas na Ferrería #200: Escolares del CEIP Praza de Barcelos (2)

Radio
08 de decembro 2021
Actualizado: 27 de novembro 2024

Escolares de sexto curso do CEIP Praza de Barcelos coñecen PontevedraViva e PontevedraViva Radio.

Conversas na Ferrería #200: Escolares del CEIP Praza de Barcelos (2)
Conversas na Ferrería #200: Escolares del CEIP Praza de Barcelos (2)

Chegamos aos 200 programas das 'Conversas na Ferrería' e os seus protagonistas son os alumnos de sexto curso de Primaria do CEIP Plurilingüe Praza de Barcelos de Pontevedra. 

Os temas que prepararan previamente no colexio falan de animais en perigo de extinción, caso de Martín Carballal ou de adopción de animais que expuxo Iván Chafer. Víctor Manuel Lastra puxo a atención no cambio climático. A achega histórica trouxérona Antón Muras e Ignacio Maceiras falando da Roma clásica e Adrián Rosendo xunto a Teo Garnelo que recuperaron a consecución do voto feminino en España.

Hai traballos sobre problemas sociais como o Día Mundial da Infancia do que falou Pablo Coll; o acoso escolar, do que se ocuparon Raysa Almeida, Silvia Couto e Esperanza Díaz; a violencia de xénero que expuxo Iker Andrés; ou o uso das novas tecnoloxías que abordou Yago Merca. Consellos diversos: Sabela Costas sobre técnicas de estudo; a campaña de vacinación contra a gripe con Ruth Delafuente; ou que visitas interesantes poden facerse por Pontevedra con Jasmine Hasmik, Yurema Barreiro e Rodrigo Mouriño. Os consellos publicitarios de Mat Pérez e Raúl Oubiña e Matías Millán trouxo unha listaxe dos cinco videoxogos máis populares.