O Clúster do Granito xunto coa Consellería de Educación ofertarán para este próximo curso 2021-22 un Grao Técnico de Pedra Natural. Unha oferta formativa regrada inexistente ata a data para o sector e que segundo portavoces da Asociación de Canteiros de Poio - aínda que é benvida - vai poñer en xaque o futuro da Escola de Canteiros da Deputación de Pontevedra. Falan neste podcast Manuel Sestelo presidente da Asociación e Fran Sieiro, integrante da mesma.