REMA 360º é unha proposta lúdica e cultural que ofrece a Rede de Espazos Museísticos do Atlántico, a alumnos de 1º e 2º de ESO para divulgar o coñecemento da cultura relacionada co mar. Coa blogueira e colaboradora de PontevedraViva, Marga Díaz; a moza Irene Davila e Javier Davila da empresa Kendra Realidades Alternativas entramos nun scape room que discorre por estes emprazamentos culturais.