Desde o recente 15 de decembro e ata o próximo 15 de xaneiro calquera pontevedrés con disposición a facer exercicio pode colaborar no reto que expón unha inédita edición da popular San Silvestre: sumar entre todos os participantes os 40.000 quilómetros dunha volta ao mundo. Tanto o pouco máis de 1 quilómetro do roteiro máis curto ata os 37 quilómetros dos dez circuítos; todos suman para alcanzar o obxectivo. Conversamos con Tino Fernández, concelleiro delegado de Deportes e Víctor Riobó, codirector da proba que tradicionalmente organiza la Sociedade Ximnástica.