Francia busca profesionais artesáns para restaurar a catedral de Notre Dame consecuencia do incendio sufrido en abril de 2019. A esa chamada van concorrer canteiros saídos da Escola de Poio, pero atópanse cun baleiro no seu currículo: os seus estudos non están homologados. Manuel Sestelo e Javier Diéguez, canteiros, fan unha pregunta que avala a súa reiterada reclamación: "merecémonos ir con dignidade a Notre Dame ou nos merecemos ir coa cabeza baixa?".