En vésperas do 8M2020 reúnense nas Conversas na Ferrería catro das mulleres que representan a doce colectivos e profesionais que están a formar parte do Núcleo Feminista Galego. Son Rosa Arcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Cintia Piña, integrante do Colectivo Feminista de Pontevedra; Carmen Cajide, presidenta da Rede Galega pola Igualdade e Elena Moreira, integrante da Asociación Teenses pola Igualdade.