Virxilio da Silva, Héctor Agulla, Félix Barth e Wilfried Wilde son Loiros . Dúas guitarras, batería, baixo e dúas voces para "ser honestos co que queremos facer" e que de aí saíse algo diferente. Loiros é jazz moderno, psicodelia, post-rock, grunge, shoegazing, impresionismo francés e ritmos africanos. Como soa todo ésto? ao seu primeiro LP. Un traballo que presentan este venres 8 no Liceo Mutante de Pontevedra a partir das 20.30 horas. Fin de semana intensa, xa que o sábado, en sesión matinal actuarán en Braga e pola noite na sala Krazzy Kray de Cambados ás 23:30 horas.