Conversas na Ferrería #158: Curtametraxe 'Atopando o Camiño'

Radio
19 de setembro 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

O CEIP de Parada, Campañó, estrea o vindeiro 26 de setembro a curtametraxe 'Atopando o Camiño'.

Conversas na Ferrería #158: Curtametraxe 'Atopando o Camiño'
Conversas na Ferrería #158: Curtametraxe 'Atopando o Camiño'

Despois de dous anos de traballo o CEIP de Parada - Campañó vaise de estrea. Farao o vindeiro xoves 26 de setembro no Teatro Principal ás oito da tarde. Que estrean? a curtametraxe 'Atopando o Camiño'.  

Contamos con María Fanjul, profesora do centro e promotora do proxecto; Andrés Castro, profesor externo e co-director da curtametraxe; con tres dos alumnos participantes: Marisé Rancaño, Laura Torres e Alejandro Sanmartín; así como tres das colaboracións recibidas: Raquel Queizás, actriz e contacontos, Óscar Ibáñez, gaiteiro; e Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento.