Os convidados das Conversas na Ferrería comezaron a xogar á petanca fóra de Pontevedra, en Francia, en Vigo e en Valencia. Deixaron, retomaron e iniciáronse na afección en diferentes momentos, pero a día hoxe son tres activos fundamentais na práctica deste deporte na cidade. Este próximo sábado 31 organizouse en colaboración co Concello a Festa da Petanca, na que poden tomar parte avezados xogadores, iniciados e mesmo novatos.