Conversas na Ferrería #153: Feira Taurina da Peregrina (II)

Radio
15 de agosto 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Feira Taurina da Peregrina (II).

Conversas na Ferrería #153: Feira Taurina da Peregrina (II)
Conversas na Ferrería #153: Feira Taurina da Peregrina (II)

O afeccionado. Eses miles de persoas que acudiron á Feira Taurina da Peregrina nesta recentemente concluída edición de 2019 son os triunfadores da mesma a criterio dos participantes neste segundo faladoiro taurino.  Pepé Maquieira, xestor da web TaurophilosRaúl Martínez, membro da peña Miuras, Guillermo Juncal, membro da peña Que Dios reparta suerte e Juan Riveiro, presidente da Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra, apuntan ademais a sobresaliente resposta que tivo a Bancada Nova. Expoñen as súas opinións sobre trofeos, faenas, ganderías e situacións varias que se viviron no coso de San Roque

Tamén participa Chapu Apaolaza, portavoz da Fundación Toro de Lidia, quen  entre outras cuestións responde sobre as consecuencias de proferir insultos, calumnias ou incitacións ao odio a través das redes sociais  contra aquelas persoas relacionadas ou afíns á tauromaquia.