Conversas na Ferrería #137: Umia CF Feminino

Radio
04 de abril 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Do Umia CF Feminino de 1970 ao actual.

Conversas na Ferrería #137: Umia CF Feminino
Conversas na Ferrería #137: Umia CF Feminino

A comezos do 70 catro equipos de fútbol tiñan aliñación feminina na provincia: Ribadumia, O Grove, Baiona e Porriño. O Umia CF ten historia desde 1924 e un fito desde o comezo da década de 1970, un grupo de mulleres que adoitaban acudir ao campo de fútbol para ver xogar aos homes, decidiron saltar ao campo. Unha delas é Milagros Martínez, extremo esquerdo da primeira formación feminina do Umia CF. Ela acompáñanos para falar daquelas precursoras que abriron camiño e tradición para o que hoxe é o Umia CF Feminino.

A voz masculina pona o presidente e coordinador do equipo, Félix González e acompáñanlles Alba Barral, xogadora do primeiro equipo e delegada das Promesas; Yolanda Piñeiro, capitá do segundo equipo; Sandra Diz, capitá do primeiro equipo; Jessica Prieto, xogadora do primeiro equipo e adestradora de Promesas; Mariña Señoráns, capitá de Promesas; Sara Otero, porteira do Promesas e Patricia Casas, porteira do primeiro equipo.