Conversas na Ferrería #136: Cabos Soltos (II)

Radio
28 de marzo 2019
Actualizado: 27 de novembro 2024

Cabos Soltos: Está a escena musical preparada para a paridade?

Conversas na Ferrería #136: Cabos Soltos (II)
Conversas na Ferrería #136: Cabos Soltos (II)

Está a escena musical preparada para a paridade? Esta foi a máxima de partida dun dos encontros técnicos celebrados os recentes 21 e 22 de marzo no marco do programa de iniciativa municipal Cabos Soltos. 

Durante o seu desenvolvemento analizouse se o sector ten un punto de partida igualitario para mulleres e homes ou se toca  repensar as prácticas actuais e establecer estándares de igualdade de xénero dentro desta industria en España. Participaron  Arancha Estévez, xornalista especializada en cultura; Almudena Heredero, directora do Primavera Prol; Susana Laya,  codirectora do  Atlantic Fest e Marcela Sanmartín, programadora, creadora de contidos, Premio de Honra da Música Independente ( MIN) e unha das fundadoras de  MIM, Mulleres da Industria da Música.