A programación de Cabos Soltos que ofrece desde este xoves 21 e ata o sábado 23 o Concello de Pontevedra, inclúe unhas xornadas técnicas nas que, en primeiro lugar, púxose a atención na situación actual da escena musical da cidade. Na mesma participaron a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías; o xornalista Carlos Crespo, da revista Fugas de La Voz de Galicia; e o músico e coordinador da Escola Estudo Bonobo, Gonzalo Maceira.