Non hai parámetros que determinen cando un vídeo é viral ou non; ó unha fórmula exacta para conseguir que esas gravacións consigan ser visualizadas por miles ou millóns de persoas. O certo é que a chegada dos smartphone fixo que calquera situación poida ser captada por calquera, como o recente de vídeo de contido sexual que nas últimas semanas corre como a pólvora por whatsapp. Aínda que a lei vixente aínda carece de xurisprudencia, coidado co que se grava e o que se difunde. Falamos nestas Conversas na Ferrería co avogado penalista Jorge Paladino; co responsable da edición dixital e redes sociais de Diario de Pontevedra, Santy Mosteiro e co consultor de marketing dixital, Manu Quiroga.