Conversas na Ferrería #12: A derradeira PAU? E despois?

Radio
09 de xuño 2016
Actualizado: 27 de novembro 2024

A derradeira PAU? E despois?

Conversas na Ferrería #12: A derradeira PAU? E despois?
Conversas na Ferrería #12: A derradeira PAU? E despois?

Uns once mil estudantes realizan estes días as Probas de Acceso á Universidade (PAU), a coñecida selectividade. Segundo a previsión do Goberno en funcións sería a última. A partir do próximo curso, segundo a LOMCE - recorrida pola oposición -, realizarían unha avaliación final de Bacharelato, obrigatoria para obter o título de estudos Secundarios e para acceder á Universidade. Expomos esta PAU - con 40 anos de antigüidade - a súa alternativa, os ciclos educativos, a súa validez ou eficacia para o futuro dos universitarios. Opinan Carmen Fouces, concelleira de Educación en Pontevedra e profesora; Alvaro Arizaga, profesor da Escola de Restauración de Pontevedra; e Rogelio Carballo, presidente da FANPA de Pontevedra.