Fai tres décadas unha vintena de pais puxeron en marcha en Salcedo unha escola de música para ofrecer unha alternativa de lecer saudable aos seus fillos, afastada de perigos que aburaban naquel momento. A pé de 2018 a escola forma a nenos, adolescentes, novos, adultos e adultos xubilados. A súa banda de música é o escaparate público daquela primigenia intención.