"A frustración e a esperanza camiñan ao mesmo lado", é unha frase que o pontevedrés Pedro Rial deixa nestas Conversas na Ferrería para ilustrar a situación que se vive nos campos de refuxiados onde "subsisten" os sirios que fuxieron daquel país, en guerra desde hai máis de cinco anos. Viviu a experiencia como voluntario en Ritsona, no Pireo grego; estes días volve alí de novo. Daniel Rivera, uruguaio afincado en Pontevedra e Pablo García, tamén pontevedrés; viaxaron o pasado marzo ata Azrak, en Xordania. No seu caso a través da escola de xadrez desta capital levaron este xogo de mesa como terapia para esta poboación cuxa primeira necesidade, como estes interlocutores afirman, é a dignidade.