Cúmprense 40 anos da morte dunha lenda, Ian Curtis. A súa morte converteu en inmortal á súa banda, Joy Division. Coincidindo co aniversario publícase en España “Unha luz abrasadora, o sol e todo o demais”, a historia oral de Joy Division, escrita por Jon Savage, un dos xornalistas musicais máis reputados de Reino Unido, ao que entrevistan neste programa especial sobre a banda que puxo a Manchester no mapa da música. Un novo monográfico musical fabricado polo Señor Sanabria.