Guerra aberta entre a Garda Civil e Interior tras a destitución do coronel Diego Pérez de los Cobos e o informe policial con noticias falsas sobre as manifestacións do 8M. O ministro Grande- Marlaska négase a explicar as razóns do cesamento, avanza a causa contra o delegado do Goberno en Madrid por autorizar a manifestación e desencadéase unha tormenta política xudicial en plena crise do coronavirus.