Poucos días despois de que a Casa Real anunciase que o actual rei renuncia á súa herdanza e que desposuirá ao seu pai da súa asignación nos Orzamentos Xerais, Carne Cruad fala co director de eldiario.es, Ignacio Escolar, coa xornalista Pilar Urbano, autora de 'El precio del trono', e co xornalista que informou como Anticorrupción pediu a Suíza datos sobre os 100 millóns de Arabia Saudita, Pedro Águeda.
Ademais, seguen atentos ás novidades da crise do coronavirus e conectan cunha iniciativa valenciana "Música aos balcóns", que este xoves 19 de marzo chamará a interpretar música popular da rexión en apoio aos enfermos e enfermas do Covid19.