A bordo da súa nave espacial, o Xamón Milenario, os últimos jedis da radio empezan hoxe unha viaxe especial de programas do Nadal cunha homenaxe á saga máis mítica do cinema de ciencia ficción e de galaxias, sobre a que escribe o profesor e investigador na Universidade Complutense Fernando Ángel Moreno no seu novo libro "La ideología de Star Wars".
Tamén nos acompaña neste paseo por esta galaxia moi, moi afastada Elisa McCausland, xornalista, crítica e investigadora especializada en cultura popular e feminismo, así como no arquetipo da superheroína, autora, entre outros títulos de " Wonder Woman".
E conectamos con Adrián Pueyo, un dos españois encargados de elaborar a composición de efectos especiais da última saga. Traballa para os estudos VFX e conta cun Óscar polo seu traballo en "El libro de la selva".