O monográfico 'La galería' fala de Arte en feminino, con Sara Rubayo que presenta o seu primeiro libro 'Pintoras', un traballo xunto a Ana Gállego e a ilustradora Mónica López. Falan da situación actual con Semíramis González, xestora cultural e historiadora de Arte; coa artista Paula Bonet e coa historiadora de Arte e divulgadora cultural, Helena Sotoca, coñecida en redes como Femme Sapiens.
En 'La oyente de libros' Jimena Marcos fala de 'Matilda', un audiolibro de Roal Dahl e completan con 'La pista oculta' de Sergio Mena que fala da censura no cómic en España. (Imaxe. Carne Cruda)