Desde Australia á Amazonia, pasando por California ou Portugal, o cambio climático alimenta un novo tipo de lumes de unha intensidade e agresividade nunca vistas. Coa Revista Salvaje e a súa redactora xefa Annabel Roda e con César-Javier Palacios, xornalista ambiental autor da reportaxe 'El nuevo fuego', do número 6 de Salvaje. Entrevista a Mónica Parrilla, responsable de lumes de Greenpeace; a Federico Grillo, xefe de emerxencia do Cabildo de Gran Canaria; a José Ángel Arranz, director seral de Patrimonio Natural e Política Forestal de Castela- León e con Oliver Laxe, director da película 'O que arde', Goya a mellor película, dirección, fotografía e actriz revelación en 2020. Para completar, a relación entre a labranza da terra e a creación artística con María José Llergo en Cábalas.