Xunto á xornalista Patricia Simón que está a ser testemuña da guerra iniciada por Rusia en Ucraína falan da situación que viven as mulleres, de políticas fronteirizas, ou da violencia exercida contra as mulleres nas guerras. Tamén, con Irene Zugasti Hervás, especialista en Relacións Internacionais, Xénero e Conflito Armado e Branca Garcés, investigadora da área de Migracións e coordinadora de investigación de CIDOB, sobre a situación das refuxiadas.
Ana Bernal- Triviño na sección 'Non manipuledes o feminismo' fala dos ventres de alugueiro en Ucraína. E complentan coas recomendacións de Paula Bonet. (Imaxe. Olmo Calvo/Carne Crúa)