O xornalista Carlos Franganillo visita Carne Crúa para falar da súa traxectoria profesional na televisión pública desde os 23 anos. Foi correspondente en Rusia e tamén en Washington antes de poñerse á fronte do informativo nocturno de TVE. Pregúntanlle polo momento político actual polo documental '10.000 días' que se estreou o pasado febreiro.